Venres. 19.04.2024
El tiempo

Quedou pequeno o aforo para a comida benéfica da Asociación Española contra o Cancro

Quedou pequeno o aforo para a comida benéfica da Asociación Española contra o Cancro
Aínda pendentes da renovaciónd a directiva trala dimisión do seu presidente Antonio Domínguez, a Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro en Cee celebraba este pasado domingo a súa comida benéfica. Quedou pequeno o Restaurante Sebas, pois tiña un aforo de 150 persoas que foi completado con moita celeridade, de aí que a entidade teña previsto organizar unha nova cita nun recinto de maior capacidade, para dar cabida a tódala xente que quixera asistir ás mesmas. Esta primeira xuntanza estivo arroupada por membros da Asociación Española contra o Cancro carballesa e contou co apoio de diversas persoas, entre elas do persoal voluntario, facendo posible que tódalas persoas asistentes ao acto pasaran unha boa velada e levaran dun xeito ou outro, alomenos un agasallo da man das moitas empresas colaboradoras. A comida serviu para recadar fondos para poder continuar coa súa actividade.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/antonio-dominguez-dimite-da-presidencia-da-asociacion-espanola-contra-o-cancro-en-cee/

Fonte

Comentarios