Sábado. 08.08.2020
El tiempo

R non chegará a Cee ata o mes de febreiro

R non chegará a Cee ata o mes de febreiro
Continúan as obras de R na zona

Xa estamos notando na zona as obras da fibra óptica de R. De feito, un problema provocaba estes días que unha boa parte da vila de Corcubión quedase sen auga corrente. Hai uns meses anunciaban que a rede estaría en funcionamento neste mes de decembro, pero tras varios retrasos, cóntannos que "máis ou menos en febreiro de 2013 Cee quedará conectado xa á nosa rede de fibra óptica".

Serán 3.000 os fogadores da vila da Xunqueira que se beneficiarán do novo despregamento de rede na zona.

As previsións apuntaban que Corcubión e Fisterra terán que esperar a xuño de 2013, mentres noutros puntos como Malpica, VImianzo ou Carballo, xa disponen de conexión á banda longa.

Novas relacionadas

Artigos relacionados

Fonte

comentarios