Aparece o corpo do mozo de Lires no seu vehículo no fondo do mar de Cee
18:10 07/10/15
O corpo aparecu dentro do vehículo, un Hyundai i30 de cor negra. Imaxe: Rafa Quintáns Este mediodía, a Confraría de Corcubión alertaba da presencia dun coche afundido a uns 6 ou 7 metros de profundidade, diante do porto Cubiles, ao carón da Estación Depuradora de Cee. Efectivos de Protección Civil, Policía Local, Garda Civil e Salvamento Marítimo, acodían ao lugar e un buzo confirmaba a presencia dun corpo dentro do vehículo. Todas as alarmas saltaban a ver o dispostivo, pois a comarca mantíñase en alerta máxima trala desaparición, hai máis dun mes, dun mozo de Lires de 24 anos. Martín Lodeiro Fernández despedírase cunha nota da familia, de aí que a preocupación fose máxima en todo momento. Momento no que sacaron o coche Ducias de veciños achegáronse ao porto, onde xa teñen acontecido sucesos semellantes, para ver como os efectivos de seguirodade procedían ao rescate do vehículo e do corpo. Precisamente, os veciños de Lires xa estiveran alerta hai unhas semanas cando membros de Protección Civil facían unha inspección nese mesmo lugar para ver se atopaban o coche. Tivo que ser un barco da confraría de Corcubión o que o divisase. Así, sobre as 17:00h da tarde o remolcador recuperaba o vehículo, que queda no peirao de Brens á espera do forense para proceder ao levantamento do cadáver. Máis imaxes: Máxima expectación no Porto Cubiles de Cee para a recuperación do coche do mozo de Lires-Foto-Rafa Quintans Efectivos de seguridade no porto ceense-Foto-Rafa Quintans O vehículo estaba afundido ao carón do porto-Foto-Rafa Quintans
Novas relacionadas
- 03-09-15: Alerta máxima pola desaparición dun rapaz de Lires:
- 17-08-14: Un home morre ao caer ao mar no seu coche no porto de Brens.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).