Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Recuperando a memoria histórica en Cee

Recuperando a memoria histórica en Cee

O BNG de Cee e a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña (CRMH) organizan un acto para este martes, 19 de abril, ás 20:30 horas no salón de plenos do Concello de Cee. Algo sobre xa teñen feito denuncias públicas, como a que realizaron sobre o monolito de Brens.

Falarase das medidas anticonstitucionais que se produciron en Cee a respecto do cumprimento da Lei 52/2007 do 26 de decembro ou Lei da Memoria Histórica por parte do goberno municipal de IxCee e PSOE no tocante á "simboloxía franquista existente en Cee": nome do colexio público de educación infantil da vila e monumento na honra dos sublevados.

En dito acto darase conta das actuacións que o grupo político levará a cabo para dignificar a memoria dos represaliados e asasinados durante a Guerra Civil, e que desevolverán en caso de gobernar.

Presentación dun libro

No acto tamén se realizará a presentación do libro de Manuel Monge “A memoria secuestrada polo franquismo”. Contarase coa presenza do presidente da CRMH, que falará do seu libro, feito para recuperar a historia secuestrada polo franquismo, mais tamén para a acción, para cambiar as cousas.

En Galiza non houbo Guerra Civil, senón un auténtico xenocidio, un plan sistemático e preconcebido de eliminación de oponentes políticos a través de múltiples mortes, torturas, exilio e desaparicións forzadas de persoas, con máis de 5.000 asasinados polo fascismo en toda Galiza e máis de 600 na comarca da Coruña. Aquí houbo campos de concentración; os franquistas roubaron miles de menas e nenos ás súas familias, sen que o Goberno se implique na súa recuperación; aínda quedan máis de cen mil persoas nas fosas de todo o Estado, conta o escritor.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do BNG de Cee.

Comentarios