Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Rematadas as obras de mellora do vial de acceso ao Porto de Brens

Rematadas as obras de mellora do vial de acceso ao Porto de Brens
Visita institucional da Xunta

Quedaron rematadas as obras ca típica visita institucional ao Porto de Brens. A Xunta rematou as obras de mellora do vial de acceso ao peirao de Brens, unha ampliación do vial de acceso ao porto de xeito que mellora a manobrabilidade dos vehículos pesados que circulan diariamente por esta zona ao tratarse dun porto comercial e un dos que rexistra maior volume de tráfico de mercadorías.

En concreto os traballos consistiron na demolición do muro existente no acceso ao porto, ensanchando así o vial, a través da pavimentación da nova superficie adherida á estrada. Para acondicionar este novo espazo trasladáronse tamén os postes de iluminación existentes ao longo do vial. Portos de Galicia investiu 35.000 euros na actuación que vén de rematar. Os traballos foran solicitados polos propios operadores da zona para mellorar as súas condicións de traballo diarias.

Fonte

  • Xunta

Comentarios