Martes. 14.07.2020
El tiempo

Rescatan un ciclista que sufríu unha forte caída no Camiño a altura de Brens

Imaxe do tránsito do Camiño de Santiago antes de baixar a Brens
Imaxe do tránsito do Camiño de Santiago antes de baixar a Brens
Rescatan un ciclista que sufríu unha forte caída no Camiño a altura de Brens

Os Bombeiros de Cee e a ambulancia do 061 tiveron que acodir esta tarde de domingo a rescatar un ciclista que caera nunha zona do Camiño de Santiago, de difícil acceso, e con moita pendente, no lugar da Grixa, en Brens (Cee).

O ciclista resultou ferido de diversa consideración ao caer, cun forte golpe no ombreiro, pouco antes das 14:00h da tarde. Unha vez no punto, os equipos de intervención puideron acceder ao ciclista e levalo ata a ambulancia onde, posteriormente, foi evacuado ao centro hospitalario de referencia.

comentarios