Venres. 29.03.2024
El tiempo

Rescatan un home desorientado na súa vivenda en Cee

Captura da rua Rosalia de Castro de Cee
Captura da rua Rosalía de Castro de Cee
Rescatan un home desorientado na súa vivenda en Cee

Esta pasada tarde noite de xoves, pasadas as 21:00h, os Bombeiros de Cee, a Garda Civil, os Sanitarios, a Policía Local e Protección Civil, tiveron que acodir a realizar un rescate á Rúa Rosalía de Castro, en Cee. Un home que vivía só levaba días sen dar sinais de vida, sen recoller o pan, polo que a filla e os veciños alertaran de que podía ter pasado algo.

A Garda Civil chamaba e chamaba a porta pero non había respsta polo que houbo que chamar ao equipo de rescate dos Bombeiros, que coa axuda dos vehículos BUL e PU, accederon por unha fiestra á escaleira interior. O home estaba tirado no chan do baño, sen golpes aparentes, consciente pero desorientado, sen saber canto tempo hai que esta alí. Nese momento, ás preguntas dos Bombeiros, sabe como se chama e pouco máis, el di que se encontra ben.

Proceden á evacuación en padiola a ambulancia para trasladalo ao Hospital.

Comentarios