Sábado. 08.08.2020
El tiempo

Restauran o centenario reloxo da torre do IES Fernando Blanco

Torre do reloxo do Instituto Fernando Blanco
Torre do reloxo do Instituto Fernando Blanco
Restauran o centenario reloxo da torre do IES Fernando Blanco

Ao longo da pasada semana ven de desmontarse o centenario reloxo do Instituto Fernando Blanco de Cee para proceder á súa restauración e posta a punto. Nun primeiro momento restaurarase a máquina e, posteriormente, a esfera do mesmo, a cal, nos últimos tempos veu agravado o seu estado de conservación.

Debido ao delicado das tarefas a realizar, probablemente ditos traballos alongaranse por un período dun mes ou mes e medio. A restauración será acometida pola prestixiosa casa Dans Relojeros da Coruña, e os gastos derivados da mesma serán asumidos, na súa totalidade, pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia.

Un Tesouro

Trátase dun singular reloxo monumental de manufactura pre-industrial. Pola manufactura e data de construción podemos indicar que se trata dun reloxo fabricado pola casa Ungerer de Estrasburgo e instalado no campanario polos reloxeiros madrileños M. Hoefler. Carece da placa no bastidor que os irmáns Ungerer poñían nos seus reloxos, pero era frecuente que se retirase e substituíse pola placa do instalador.

Historia do reloxo

O centenario reloxo, instalado na torre central do centro educativo, ademAis de marcar una rigorosa disciplina de traballo no instituto para acadar a eficiencia formativa, regulou tamén a vida e as actividades laborAis da veciñanza da vila de Cee durante una boa parte da súa historia.

Instalouse no 1885, un ano antes da inauguración Instituto Fernando Blanco, e segundo se pode extraer dos asentos contables da Fundación, o custe do mesmo foi de 15.652 reais de vellón, pagados en dous prazos (o 13 de outubro de 1885 pagáronse 5.420 reais de vellón, e o 29 de outubro de 1886 pagáronse 10.232 reais de vellón).

O instalador foi Mariano Hoefler Echeverría, nacido en Madrid no ano 1842. Seu pai e seus tíos foron reloxeiros orixinarios de Lenzkirch (Alemaña), aínda que establecidos na capital de España. Segundo se pode extraer dunha publicidade extraída do semanario humorístico ”El mundo cómico”, do ano 1873, a casa de reloxos Hoefler fundouse en 1778, tendo a súa sede na rúa Tudescos nº 25.

OUTROS TESOUROS DA FUNDACIóN

comentarios