Martes. 11.08.2020
El tiempo

Rocío Caamaño e Uxía protagonistas do programa das Festas da Xunqueira

Rocio Caamaño volve a casa para tocar nas Festas da Xunqueira 2020
Rocio Caamaño volve a casa para tocar nas Festas da Xunqueira 2020
Rocío Caamaño e Uxía protagonistas do programa das Festas da Xunqueira

Xa coñecemos o programa dunha das festas máis importantes do verán costeiro. As Festas da Xunqueira, as festas patronais de Cee, chegan dun xeito diferente, sen verbenas, e con espazos abertos onde hai límite de aforo, para cumplir as medidas hixiénico-sanitarias necesarias. Por tanto será necesario retirar antes do 15 de agosto a invitación correspondente, debido ás limitacións de aforo para manter á seguridade necesaria. E por suposto, será obrigatorio tanto o uso de máscara como a limpeza e desinfección de mans antes de cada actividade.

Proxección

O programa comeza o xoves 13, ás 22:00h na Praza da Constitución, coa Videoproxeción sobre a fachada do Museo Fernando Blanco (haberá retransmisión en streaming) dun documental sobre unha das figuras senlleiras de Cee, a do filántropo Fernando Blanco de Lema.

Concerto de Rocío Caamaño

A gran cita será o venres 14, ás 22:00h na Praza da Muller, co Concerto de Rocío Caamaño. A artista ceense, afincada en Madrid, presentará temas no seu novo traballo discográfico, algúns xurdidos durante o confinamento. Hai un aforo máximo de 400 persoas.

Sábado completo

O Sábado 15 de agosto será completo. Comezará ás 13:00h co pasarrúas da Charanga Santa Compaña; ás 14.00 concerto Banda de Música de Cee (na Praza da Muller. Aforo: 400). E pola tarde, ás 20.30h, concerto da Banda de Música de Cee (na Casa de Cultura. Aforo: 225).

Ademais, ás 22.00 horas, na Praza da Muller, Concerto da Gallaecia Small Band, unha big band doutros tempos cunha posta en escena do máis elegante.

Domingo con Uxía

O domingo 16 comezará coa Charanga O Rumbo, e será a Banda de Música de Ribadulla a que faga doble sesión, ás 14:00h na Praza da Muller e ás 20:30 na Casa da Cultura.

Para pechar as festas, Uxía e Sergio Tannus darán o seu concerto ás 22:00h na Praza da Muller. Uxía é considerada a grande dama da música galega e unha das maiores divulgadoras da súa poesía. Nos seus máis de 30 anos de carreira artística, renovou a música tradicional galega e ten publicado 12 discos polos que ten recibido importantes recoñecementos.

comentarios