Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Rubén de Lis trae a súa guitarra á Costa

Rubén de Lis trae a súa guitarra á Costa

Segue a Capela do Pilar convertíndose na nova referencia cultural de Corcubión. Os intrépidos mozos da Universidade Cromática das Virtudes xa están pensando na segunda sesión das Lesentopías, o novo clube de lectura que veén de abrir. Pero antes, teñen unha cita musical, o primero concerto da nova época da Capela do Pilar.

Nada menos que Rubén de Lis pasará pola Capela corcubiones na súa ruta de concertos. A cita será o venres 9 a partir das 21:00h, e será teloneado polo grupo Coru e Douscalquera.

Rubén presentará o seu novo disco "Suma y sigue", percorrendo como non as súas mellores cancións, ademais de grandes covers de Prince, Dire Straits, Eric Clapton...

Un sábado de masterclass e pinchada House

Pero ademais, Rubén quedará o sábado tamén na zona. O sábado pola mañá fará unha masterclass de guitarra (máis información no propio concerto do venres).

E pola noite, poderemos achegarnos á Discoteca Zona Zero de Cee, onde estará pinchando co seu House Guitar Project. Non o podes perder.

Ademais, pinchará na Disco ZZ na noite do sábado

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios