Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?

Saíron reforzados os alcaldes imputados na Operación Orquestra?
Semella que na Costa da Morte non nos afectan os escándalos. Ou é que estamos xa afeitos a toda clase de esperpento, ou é que tomamos o dito de "mexan por nós e dicimos que chove" como un axioma. O caso é que trala convulsa semana, a visión de cara ás eleccións municipais de maio (das cales este ano faremos un despliegue sen precedentes) parece estar máis definida. Non cabe dúbida de que a presunción de inocencia é básica para calquera clase de comentario e visión. Pero o que tampouco se pode permitir, sobre todo ao falarmos de cargos públicos, é ese argumento tan escoitado nos últimos días, aquel do "roubar, rouban todos", "é o normal"... Un argumento que, así e todo, define o por que do noso eterno retraso. Xornais a nivel nacional como pode El País, La Opinión ou La Voz de Galicia destacan nas súas follas a volta á tortilla que os veciños da Costa da Morte somos capaces de facer con esta clase de situacións, coma se da mesma Italia de Berlusconi se tratase.

A tranquilidade dos alcaldes

Estes días os alcaldes amosaron a súa cara máis humana. Tras pasar unha, ou dúas noites, no cabozo, as sensacións xa non poden ser as mesmas, pero de cara á fora están sacando a súa mellor cara. O propio alcalde de Cee, Ramón Vigo,  xa se ensinaba estes días polos bares e pubs da zona, e aseguraba sentirse "reforzado gracias ao apoio dos veciños, que me dá máis forza para presentarme ás municipais". Igualmente enviaba un recado ao PSOE, indicando que deixar o pacto de goberno sería "un erro político" pola súa parte. Pola súa banda, Santos Maneiro, alcalde de Mazaricos, recoñecía en Radio Nordés que "teño a miña conciencia tranquila e iso axúdame a levalo con calma relativa". Apuntou que "non me prantexei aínda se von ser o candidato", pero recoñecía como o máis normal que "hai cousas nas festas galegas que son difíciles de controlar, como os chiringitos", apuntando que como hai 200 empresas implicadas as contas son demasiado complicadas... O alcalde fisterrán José Traba pola súa parte asegurou que volverá a presentarse xa que "se demostrou que sigo contando con toda a confianza dos veciños". Ademais sinalou que "eu sigo vivindo cos meus pais, nin teño pisos nin contas nin nada especial que destapar".

Que pensa a Costa?

Deste xeito, queremos pulsar a vos opinión sobre se os alcaldes saen ou non reforzados. Queremos que votedes na nosa enquisa pero que tamén deixedes os vosos comentarios, ou ben aquí ou a través do noso Facebook. Lembrade que é un foro aberto, no que non queremos censurar, pero para o que pedimos, cando menos, educación. [poll id="2"]

Máis información

Novas relacionadas

  • 01-02-11: As obras de Ogando: Da concesión de obra pública.
  • Outras información

    Fonte

    Comentarios