Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Samuel Méndez entra dentro da élite galega do deporte

Samuel Méndez entra dentro da élite galega do deporte
samuel-mendez-leis samuel-mendez-leis Samuel Méndez Leis, do Club Arte e Movemento e natural de Muxía, forma parte dende onte da familia do centro galego de tecnificación deportiva, situado en Pontevedra. Durante os próximos catro anos, Samuel combinará a práctica do taekondo cos seus estudos. O xoven deportista comezou no mundo do taekondo con tan só cinco anos e xa o fixo no club ceense. Despois de nove anos de adicación e esforzo, é xa un deportita de élite.  Chegar aquí non foi unha tarefa fácil, xa que para entrar en dito centro é necesario ter un alto nivel deportivo e boas notas nos estudos. Nes tempada xa obtivo bos resultados da man do seu club e incluso se fixo co Campionato Galego de Combate na categoría cadete, pasando así a formar parte da selección galega coa que tamén colleitou moi bos resultados. O Club Arte e Movemento agradece especialmente o apoio por parte da familia posto que foi fundamental para que Samuel chegase a tan alto nivel e para que poida continuar a súa carreira deportiva.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/cee-por-fin-fai-un-reconemento-oficial-as-familias-de-olimpia-e-arte-e-movemento/ “Elian Numa, un deportista dos de alto nivel” — Que pasa na costa “O Deporte encheu as rúas de Cee” — Que pasa na costa “7 atletas da zona competiron a gran nivel nos Campionatos Galegos de Pista” — Que pasa na costa “O club Arte e Movemento arrasa no campionato galego de bailes caribeños” — Que pasa na costa Fonte  

Comentarios