Venres. 29.03.2024
El tiempo

Serxio Domínguez: "Queremos abrir un tempo novo en Cee, un tempo ilusionante, porque no BNG imos coas ideas claras"

Serxio Domínguez volve representar a candidatura do BNG de Cee. Un BNG que tratará de recuperar o peso político que en lexislaturas anteriores nesta nova selva política na que se ten convertido a vila da Xunqueira. Poucos se atreven a valorar o que pode pasar o domingo, pero mentres o pensamos, imos coñecendo a outro dos candidatos.

Serxio Dominguez candidato do BNg de Cee Eleccions Municipais 2019
Serxio Dominguez candidato do BNg de Cee Eleccions Municipais 2019
Serxio Domínguez: "Queremos abrir un tempo novo en Cee, un tempo ilusionante, porque no BNG imos coas ideas claras"
  • QPC: Todo un veterano de guerra, xa dende 2008 en política. Ademais secretario comarcal do BNG. Como se leva a conciliación laboral, familiar e política? 

Non é fácil, nada fácil. Traballo oito horas diarias a 25 quilómetros da casa, e teño dúas horas para comer. Na maioría dos días non me queda mais remedio que comer en unha hora e a outra adicarlla a política. Cando rematas a xornada sempre tes algo que facer na laboura de concelleiro, comisión informativas, plenos, reunións coa veciñanza… Se queres facer traballo político na rúa tes que sacrificar moito tempo libre, e quen as paga é a familia. No meu caso conto coa complicidade da miña parella que é quen de cubrir os ocos que eu deixo, mais tamén fago o posible e imposible para pasar o maior tempo posible coas miñas fillas, sobre todo na fin de semana, aínda que tamén as traballe.

Sen dúbida algunha é o síntoma claro de que non estamos errados no Bng cando decimos que Cee leva gobernado demasiado tempo polos mesmos, catro amigos que se van repartindo o poder pactando uns cos outros. Iso favorece que aparezan candidaturas de partidos novos. Por certo, as persoas que lideran eses proxectos estiveron ligados aos partidos que antes mencionei, o que tamén é, cando menos, de destacar. En calquera caso é a democracia e é o que toca.

  • QPC: Está a cousa tan tensa como parece?

A campaña é dura, claro que si, sobre todo porque hai quen espera aos quince días antes das elecións para traballar, durante catro anos non presentan unha soa iniciativa, exemplo claro do que digo son os catro representantes do Partido Popular. Entón a adrenalina disparase e a xente ponse nerviosa e tensa, e prodúcense casos de nerviosismo extremo. Pero todo pasa, o día 27 pasarán de novo ao letargo.

  • QPC: A que aspira o BNG, despois dos discretos resultados de 2015? Consideras que é un momento importante para o BNG e que parte con grandes 

No 2015 conseguimos un concelleiro moi sobrado, a poucos votos do segundo. Viñamos dunha situación complicada, e os resultados, sen seren satisfactorios, foron os que esperabamos. Agora a realidade é diferente, levamos catro anos de intenso traballo na rúa, atendendo as demandas da veciñanza, reuníndonos con asociación e colectivos, levando a pleno mais de cen iniciativas, defendendo ao Cee no parlamento galego e europeo, etc… e iso nótase no ambiente, a xente acude a nos con mais asiduidade que antes. Todo isto fainos ser optimistas e a sair a por todas, a competir coas demais candidaturas sen nengún tipo de complexo. Imos coa firme intención de gañar estas elecións.

  • QPC: Cres que as eleccións do 28 de abril, con ese ascenso do BNG, influirán nas do 26 de maio, ou cres que Xerais e Municipais non se poden relacionar porque son de naturezas diferentes?

Cada cita electoral obedece a uns parámetros concretos e únicos.  Nas locais, a xente vota as persoas e esquece algo mais as siglas. Con todo isto, decir tamén que o que pasou fai un mes pode influir, de feito o Bng subíu en case todos os concellos do país en diferentes porcentaxes. En Cee fomos o décimo concello onde mais subíu o Bng, tan só superado por concellos onde temos a alcaldía ou cogobernamos, coa salvidade de Arzúa que nos superou en unha décima. Todo isto nos fai pensar que o traballo local está a ser bó e a xente o sabe apreciar.

Pois unha falla de respeto a veciñanza e a democracia. Os representantes públicos debemos dar a cara e explicar as nosas intencións para catro anos, aceptar preguntas dos votantes, e incluso, por qué non, as críticas. Se queremos que Cee sexa un pobo que mire para arriba, debemos comezar por copiar o que se fai en otras vilas mais grandes como Carballo ou Ribeira, por nomear dous concellos mais ou menos cercanos nos que os candidatos e candidatas non tiveron problemas para dar a cara.

  • QPC: Cales son as liñas principais do voso programa?

É un programa amplo, porque as necesidades de Cee son tamén moitas, pero sobre todo é realista. Coa equipa de xente que me acompaña, toda ela honesta, honrada e traballadora, pretendemos dar un xiro ao rumbo de Cee. A creación de emprego é fundamental, non podemos pensar que isto non ten solución ou que é unha maldición biblíca.  Pero antes de crear hai que manter, e é por iso que faremos o posible e imposible para que Ferroatlántica non leve a cabo a pretensión de pechar a fábrica de Cee, porque sen industria non hai futuro. Obrigaremos a Xunta a facer valer as concesión do río Xallas e a que o goberno do Psoe en Madrid aprobe unha tarifa eléctrica que permita que as empresas se queden e se asenten aquí.  Ademais é imprescindible aprobar un PXOM no que non aparezan campos de golf para non perder chan urbanizable e no que a marxe esquerda da ría, onde están os terreos da antiga Sicar, sexan destinados a actividade industrial. Non podemos permitirnos, nunca mais, que empresas que aporten futuro a Cee se vaian porque catro amigos con intereses ocultos as boten fóra. O saneamento da ría tampouco pode esperar mais, é imprescindible que se fagan as obras necesarias que se recomendan no estudo feito no 2012, e no que están a facer neste intre con fondos europeos. En calquera caso, é hora de actuar por dúas razóns, a primeira por unha cuestión de saúde pública e a segunda porque cunha ría saneada pódense acadar 40 postos de traballo, que son moi necesarios. Queremos facer tamén que a xente baixe a Cee, agora mesmo polas malas políticas dos anteriores gobernos,  queda nas grandes superficies de Toba, e para iso encheremos a casa de cultura de actividade e faremos da rúa de Arriba e da alameda unha zona outlet ao estilo Allariz. Ambas iniciativas encherán Cee de visitantes e con iso aumentará a actividade comercial e polo tanto os postos de traballo e as oportunidades de futuro. Destacar tamén o acrodo que temos coa deputación para convertir a antiga gardería do campo do Sacramento nun Centro de Día.

Serxio Dominguez con Belen Leston e Cesar Perez os tres primeiros da lista do BNG de Cee

  • QPC: A túa lista está formada por César Pérez, Belén Lestón, Manuel Ozón, Silvia Rodríguez, Pablo Álvarez, Paula Caamaño, Martín García, Belén Pérez, Jesús Bahamonde, Begoña Barral, Alfonso Mouzo, Leticia Domínguez e Andrés Fiuza.
    Cales son os puntos fortes do teu equipo?

Todos, non ten puntos débiles. Verteranía e xuventude, ansia e ilusión, honestidade e honradez, pero sobre todo unas enormes gañas de cambiar o rumbo do noso Cee. Temos xente de moitos sectores, do ensino, da sanidade, da industria, do agro e da gandeiría, etc… xente moi cualificada e moi interesada neste proxecto político que propón o Bng.

  • QPC: E para rematar, que lle dirías a un veciño de Cee para que se decantase pola túa candidatura?

A xente acude ao Bng cando ten un problema, polo que é de xustiza que confíen en nós para que os gobernen. Este vindeiro domingo temos a oportunidade de dar un xiro ao temón do noso barco, antes que vaia contra as pedras. Confiar no Bng supón apostar pola modernidade fronte a candidaturas do pasado, por un modelo de xestión que trunfa en Allariz ou Carballo, que o temos aí ao lado. Queremos abrir un tempo novo en Cee, un tempo ilusionante, porque no Bng imos coas ideas claras. É o momento do Bng, non se van a arrepentir.

Comentarios