Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Solpor xa ten nova Xunta Directiva

Solpor xa ten nova Xunta Directiva
Jesus Picallo novo presidente da Asociacion Solpor Jesús Picallo, a esquerda, novo presidente da Asociacion Camiño do Solpor

Xa é o empresario Jesús Picallo, xerente do renovado “O Semáforo de Fisterra”, o novo presidente da Asociación de Empresarios do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, Camiño do Solpor. Onte, uns 30 socios dos máis de 100 socios da entidade asistiron, no Centro do peregrino de Hospital (Dumbría), á Asamblea Xeral de Socios, escollendo unanimidade a única lista proposta.

Xunto a Picallo estarán Alexia Benlloch de "Albergue Cabo da Vila" (vicepresidenta), Jesús de "Casa de Bola" (Secretario), "Perry" de "Albergue San José" (Vicesecretario), Jesús Puñal de "O Rueiro" (Tesoureiro); e como vocais Antonio (Casa Loncho), Anxo (Alén do Mar), Sonia (Albergue de Sonia), Nacho (taxi nº1 Muxía), Sol (Casa Talieiro), Juan (restaurante A Pedra) e Belén (A Casa do Peixe).

A Asemblea foi a máis numerosa dende que existe a entidade

Repaso do feito

A presentación das contas e o informe de xestión estaban na orde do día polo que a Directiva saínte presentou todas as accións que tiveron realizado durante este ano. Antón Pombo, o xa ex presidente de Solpor, relatou, entre outras:

Comentarios