Venres. 19.04.2024
El tiempo

"Son Coma Tí, pese que aínda non o saibas”, o lema da Cea Solidaria de APEM

"Son Coma Tí, pese que aínda non o saibas”, o lema da Cea Solidaria de APEM
Cea Solidaria de APEM

Continúa a familia de APEM sensibilizando na empatía da sociedade cos problemas de saúde mental, e insistindo na importancia de saber poñerse no lugar dos demais para coñecelos mellor. Desta volta faino coa II Cea Solidaria para celebrar o Día Mundial da Saúde Mental baixo o lema "Son Coma Tí, pese que aínda non o saibas”.

A cea celebrarase o sábado 22 de outubro ás 22:00h no Restaurante Pastoriza de Vimianzo, e servirá para dar maior visibilidade ao traballo da entidade nas Comarcas de Soneira, Fisterra e Bergantiños.

O prezo da invitación será de 30€ por persoa. Para confirmar a vosa asistencia, necesitamos que realicedes o pago a través do número de conta que facilitamos ó pé desta carta especificando no concepto “Cea Solidaria APEM”. Poderedes retirar as vosas entradas en calquera dos centros (CRPL de Carballo, Cee e Vimianzo) ou o día da cea na propia entrada do restaurante, ou no 981 757 255.

A cita contará coa colaboración dun gran profesional da comunicación como dinamizador da velada, o sorteo dunha exclusiva figura de cerámica deseñada por KerámiKos e desfrutaremos de versións e risas coa actuación de Carta de Ajuste. Aquí os vedes en acción:

 

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios