Martes. 16.04.2024
El tiempo

Stoupa denuncia, por segunda vez, o destrozo da obra de Nando Lestón

Vandalismo en Stoupa
Así quedou a escultura de Nando Lestón que preside a tenda Stoupa
Stoupa denuncia, por segunda vez, o destrozo da obra de Nando Lestón

Non é a primera vez, pero doe igual. O vandalismo volveu, coma no findano de 2017, deixar a súa pegada na escultura que Nando Lestón ten ás portas de Stoupa. Unha escultura de homenaxe a Man formada por pezas amontoadas con formas, colores e estética que homenaxean a obra do mítico artista alemán de Camelle.

Se ben os temporais non poden con el, “si puido a estupidez humana duns descerebrados”, denuncian dende a galería-tenda ceense, que “destruíron unha decena de pezas da obra” que preside a entrada da galería ceense.

Como xa fixera Lestón no 2018, Stoupa comprométese a restaurar a obra escultorica pero non quere deixar de denunciar este desagradable suceso.

Novas relacionadas

Comentarios