Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Stoupa e Garabato poñen o necesario toque de arte nas comarcas da Costa da Morte

Stoupa e Garabato poñen o necesario toque de arte nas comarcas da Costa da Morte

Fin de semana de inauguración en dúas das galería máis activas da comarca. En Cee, a Galería e tenda turística Stoupa xa é toda unha necesaria referencia cultural, e coñecidas son as súas sesións vermús. Por Carballo, o Estudo Garabato non para de amosar as creacións de artistas da zona, ademais de alongar esas inauguración ata altas horas da madrugada.

Festa trasna en Stoupa

Trasnos en Stoupa-Foto Xulio Barreiro Trasnos en Stoupa-Foto Xulio Barreiro

Invadiron os trasn@s a Galería Stoupa, acompando á autora durante a presentación da exposición “Sentimento Trasno”, desta volta desenvolta o pasado sábado ás 20:00h. As acuarelas de Teresa Candal compartiron protagonismo co Camiño dos Faros, no marco dunha exposición que estará aberta ata finais do mes de novembro, no horario de inverno de Stoupa, de martes a sábado de 12-14h e de 17-20h e a calquera día e hora con cita previa..

A anfitriona Begoña Fdez. deu a benvida, e deu paso a tres verdadeiras potencias da nosa bisbarra. Cristina Alonso, que explicou a orixe do Camiño dos Faros e todo o seu percorrido para converterse nun referente internacional para mostrar ao mundo a Costa da Morte en todo o seu explendor; a escritora malpicá, Marta Amado afondou no nacemento do proxecto #SentimentoTrasno, cando disfrutaba de longas camiñadas trasnas coa autora, Teresa Candal.

Cristina Alonso, Teresa Candal y Marta Amado copia Tres potencias da bisbarra como Cristina Alonso, Teresa Candal e Marta Amado na Galería Stoupa-Foto-Xulio Barreiro

J.Jiménez en Garabato

Este pasado sábado tivo lugar tamén a inauguración no Estudo Garabato de Carballo da exposición pictórica de J.Jiménez - Noli me tangare (no me toques). A artista estivo acompañada de numerosos amigos e familiares e explicou ao público o concepto da súa exposición. Cunha gran traxectoria profesional Jimenez pasou de traballar co hiper-realismo e do retrato as manchas e as texturas a través da tinta parker e da auga. Xogando cos formas e os elementos para crear unha nova forma de expresividade.

Agora estará no Garabato ata o 12 de decembro.

J Jimenez no Estudo Garabato J. Jimenez no Estudo Garabato

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/unha-pila-de-arte-concentrada-por-asuncion/ https://quepasanacosta.gal/stoupa-cumpre-2-anos-mostrando-o-talento-da-costa-da-morte/

Comentarios