Xoves. 14.11.2019
El tiempo

Stoupa envólvese de feminidade ca arte xapo-muxiá de Yano Yoro

Stoupa envólvese de feminidade ca arte xapo-muxiá de Yano Yoro
Envueltas, exposición de Yano Yoro na tenda Stoupa de Cee Envueltas, exposición de Yano Yoro na tenda Stoupa de Cee

Mes ideal para a nova exposición que acolle este marzo a galería Stoupa, o punto de encontro da artesanía e a cultura da Costa da Morte. A muller é a protagonista indiscutible da nova mostra de pintura coa que a tenda ceesa. A feminidade, o poder e a técnica oriental son as características más destacados desta nova presentación artística, da man de Yano Yoro, pseudónimo que agocha a Susana Llorente, madrileña residente en Muxía dende fai nove anos e que adoptou o seu nome artístico despois de namorarse da beleza paisaxística da Costa da Morte.

A súa gran fascinación pola arte zen e pola cultura oriental levárona a explorar o Sumi-e, unha corrente xaponesa na que os trazados crean figuras efímeras e únicas. Nas súas obras usa moito a tinta, o papel de arroz, a seda e as graxas ao lume sobre cerámica e porcelana.

“Envueltas” é unha exposición onde as mulleres se atopan envoltas nas súas propias ensoñacións. Yano Yoro creou pinturas que son un símbolo dun renacer, e onde as figuras humanas se misturan coa natureza, coma as ramas de bambú ou a flor de loto. Todas as pinturas están elaboradas sobre papel de arroz, e as reproduccións das láminas compóñense de tintas e acuarelas orixinais manipuladas pola artista por ordenador e impresas en papel de algodón 100%.

Quen desexe probar a técnica do Sumi-e poderá facelo no curso que impartirá a artista en Stoupa o sábado 14 de abril. As prazas son limitadas e poderán apuntarse na tenda física ou chamando por teléfono.

A mostra poderá visitarse de luns a sábado de 12h a 14h e de 17h a 21h na galería ceense, situada na Rúa Campo do Sacramento 23.

_Envueltas_ expo genérica 2 Yano Yoro en Stoupa Así loce este mes de marzo a tenda-galería Stoupa de Cee

Novas relacionadas

Creadores da Costa da Morte en Stoupa

Fonte

Comentarios