Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Stoupa volve a triunfar a golpe de arte e vermú

Stoupa volve a triunfar a golpe de arte e vermú
Ateigada Sesión Vermú en Stoupa

Amantes da pintura e da artesanía en xeral voltaron a reunirse este martes 1 de maio nunha nova sesión vermú organizada por Stoupa que conseguiu congregar a unha multitude de persoas de distintas zonas da Costa da Morte.

A partires das 12 da mañá os primeiros curiosos comezaron a achegarse á tenda para poder ver de primeira man as obras do artista muradán, Fernando Rei. Todos alabaron a recreación exacta dos movementos das mariscadoras, así coma a pintura artesanal que elabora o propio autor. A xerente de Stoupa, Begoña Fernández, recalcou a importancia do esforzo dos pintores en particular, e dos artesáns e artistas en xeral, que para lograr o produto definitivo teñen que adicar moito tempo á estudar e perfeccinar a súa técnica. Stoupa xuntou nun pequeno espazo a un numeroso grupo de persoas que sen dúbida descubriron o talento dos artesáns e artistas da Costa da Morte. A exposición “As mariscadoras da Misela” poderá visitarse na tenda de artesanía Stoupa ata o finais deste mes de maio. Fernando Rei presentou as suas mariscadoras da Misela a Stoupa Fernando Rei presentou as suas mariscadoras da Misela en Stoupa

Creadores da Costa da Morte en Stoupa

Fonte

Comentarios