Venres. 29.05.2020
El tiempo

Talía Teatro abre e pecha a que será a última Mostra de Teatro de Cee

Talía Teatro abre e pecha a que será a última Mostra de Teatro de Cee

Este xoves 23 dará comezo a 25 e última Mostra de Teatro de Cee. Si, tristemente a última, como nos explicaba Artur Trillo a pasada semana, cunha batería de explicacións máis que razoables.

Marta Ríos, de Talía Teatro, abrirá a Mostra 2012 con  Pequena

Será precisamente a compañía organizadora, Talía teatro a encargada da apertura da mostra ás 12.30 h. co espectáculo Pequena, un espectáculo unipersoal, escrito e dirixido por Paula Carballeira e interpretado por Marta Ríos. Trátase dun espectáculo para descubrir o grande que pode ser alguén pequeno e o pequenas que poden chegar a ser as grandes cousas, que case non ocupan espazo.

A segunda obra será ás 19:00h na sesión de Rúa Aberta. Tres Globos preséntanos unha revisión do conto clásico na Alameda, con "Pedro e o Lobo".
De seguido, ás 20:15h e tamén na Alameda chega Leidy Maharet con Zíngara, unha rumana de Transilvania que chega a ter un programa de televisión tras un casting é o que fará que esta pallasa faga rir e vibrar aos espectadores. Clown, malabares, escapismo, maxia e lume son as armas que esta “zíngara” empregará para cautivar ao xurado e conseguir así o seu cometido.

Esta primeira xornada tráenos ademáis a estrea do espectáculo Cipriano de Bequelar de Carrachanacacha, un dos pratos fortes do Programa desta Mostra 2012. A cita será ás 21:30h cun texto escrito e dirixido por Leandro Lamas e interpretado por Quique Vázquez, Lorena Montero, Paula Morado e Silvia Casal.

O peche da Mostra con Talía Teatro e os seus Pelos na lingua será o momento máis emotivo sen lugar a dúbidas

A Deshora, xa á media noite, toca sesión de monólogo cun habitual da Mostra, Celso Fernandez Sanmartín con "Contos que non falten", no Salón de actos do concello. Poeta e recopilador de historias de vida, gusta de traballar co público e dar o mellor en cada contada.

Fin de semana completa

Ao longo do venres, sábado e domingo teremos moitas mais cousas que podedes ollar no Programa desta Mostra 2012. Todo coa grande cita en mente, a do emotivísimo peche, o domingo, cos Pelos na Lingua de Talía.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

comentarios