Xoves. 18.04.2024
El tiempo

O tenis volveu a Cee por nadal

Adrián González e o ceense Floreal Castro no Torneo de Tenis de Cee
Adrián González e o ceense Floreal Castro disputaron a final do Torneo de Tenis de Cee
O tenis volveu a Cee por nadal

Este pasado domingo 5 de xaneiro, o Pavillón Municipal de Brens acolleu a finalísima do Torno de Tenis do nadal de Cee. Un torneo que volve ser actualidade, da man do Club Tenis A Xunqueira de Cee, e que pouco a pouco seguro que se vai consolidando.

A final disputouse entre o dumbriés de Buxantes Adrián González e o ceense Floreal Castro, coñecido ademais ex adestrador do fútbol costeiro. Finalmente foi o propio Floreal o campión tras vencer por 1-6, 6-3 e 4-6.
O campión recibiu o trofeo de 1º clasificado, xunto cun vale para compra de material deportivo.

O club de tenis local, organizador deste torneo, está moi satisfeito de como se desenvolveu o campionato así como da resposta que está tendo a escola que puxeron a andar neste curso coa colaboración do Concello de Cee , a través do Servizo de Deportes Municipal.

Tenis en Cee

Comentarios