Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Toño Casais, novo Presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia

Toño Casais, novo Presidente da Asociación de Actores e Actrices de Galicia
Toño Casais, novo presidente da AAAG, recollendo un Premio María Casares no 2010

Xa está formada a nova xunta de directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG). Onte, domingo 6 de xullo, os membros da asociación escollían ao novo Presidente e só había un candidato, o ceense Toño Casais, membro da compañía costeira Talía Teatro.
A participación costeira non queda aí, pois o vimiancés Vicente de Souza formará tamén parte da directiva.

Casais releva a unha lenda viva do teatro e da televisión galega: Antonio Durán Morris, que seguirá formando parte da directiva.
A Xunta Directiva quedou integrada polos seguintes actores e actrices: Toño Casais (Presidencia), Casilda Alfaro (Vicepresidencia), Guillermo Carbajo (Secretaría), Camila Bossa, Álex Carro, Antonio Durán “Morris”, Victoria Pérez, Lucía Regueiro, Mónica García, Vicente De Souza, Josito Porto e Déborah Vukusic, mesturando a enerxía das novas adquisicións coa experiencia dos directivos e directivas veteranos.

E é unha importante nova para a Costa da Morte, pois falamos dunha das grandes asociacións culturais de Galicia. A entidade é a encargada outorga cada ano os premios María Casares do teatro galego, na que por certo, os nosos arrasan ano tras ano, e precisamente este 2012, tanto Talía Teatro cono Vicente de Souza marchaban con premio.

Continuando na mesma liña

A Asociación de Actores e Actrices de Galicia vén desenvolvendo unha intensa e continuada actividade desde o ano 1985, no que foi creada, e a nova Xunta Directiva, que distribuirá as diversas áreas de traballo nunha próxima reunión, terá como temas máis inmediatos: abordar a organización da XVII edición dos Premios de Teatro María Casares 2013, integrarse no Consello asesor do CDG, a captación de novos asociados e continuar as súas actividades, prestándolle unha especial atención, no seu ano, á figura do dramaturgo Roberto Vidal Bolaño.

Precisamente Casais aseguraba que continuará a política, reinvindicativa, emprendida pola anterior directiva. “Seguiremos coa Plataforma das Artes Escénicas e continuaremos esixindo a necesidade de marcar unha política cultural estable e seria”, afirmaba en Praza.

E xa pensan nas novas propostas: “O primeiro deles será a renovación do convenio colectivo dos asociados. O segundo será facer deste ano o Ano Vidal Bolaño.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios