Luns. 22.04.2019
El tiempo

Tras case 3 anos de incompetencia municipal, volveu abrir a piscina de Cee

Tras case 3 anos de incompetencia municipal, volveu abrir a piscina de Cee
Reapertura da piscina de Cee-Foto Rafa Quintans Hoxe abría as súas portas a piscina de Cee-Foto Rafa Quintans

Dous anos e case 10 meses despois, a piscina municipal de Cee volvía este venres 1 de febreiro de 2019, a abrir as súas portas. Esta mañá os primeiros usuarios lanzábanse a disfrutar dun servizo público que levaba case 3 anos pechado pola absoluta incompetencia municipal. Unha deixadez que deixou a máis de 30.000 veciños e veciñas da comarca (habitualmente son arredor de 1.000 os usuarios habituais) sen a posibilidade realizar exercición no ximnasio e acodir a nadar.

Un problema que comezaba en 2015 como un mero problema laboral da empresa concesionaria. Pero a mala xestión da situación do goberno de IxCee provocaba o seu peche a comezos do mes de maio de 2016, tras varias manifestacións de traballadores e usuarios contra Aquacenit.

A pesar das continuas  peticións de intervención no conflito por parte da oposición, das proposicións para rescatar o servizo cunha posible xestión municipal, e despois de que o Consello Consultivo anulase a concesión a Aquacenit da piscina en setembro de 2016, o grupo de goberno foi retrasando unha e outra vez os prazos a pesar das as continuas denuncias de todos os grupos da oposición.

Pasou un ano para sacar un novo concurso que acabou ficando deserto, e dende comezo de 2018 comezaba o que anunciaban como contra atrás para a reapertura.

Só tivo que pasar un ano máis para facer realidade a reapertura, e o pasado decembro o Concello artellaba un circo para anunciala, sen facer ningunha referencia aos eternos retrasos.

A cousa aínda non fica tranquila, porque o asunto aínda ten unha vertente xudicial aberta trala denuncia de Unión Cidadá por presunta prevaricación e malversación de todos os concelleiros que aprobaron a licitación durante o pleno do 28 de setembro.

A historia do peche da piscina, dende abril de 2016

Comentarios