Domingo. 20.10.2019
El tiempo

Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta

Tres novos detidos e liberdade con fianza para os dous imputados na Operación Orquesta
Momento no que o Concelleiro de obras sae pola porta traseira - Foto: Xusto Gómez [Última hora - 18:00h - 04-02-11] Xa comparecendo ante o xuíz Andrés Lago Louro os dous últimos imputados na "Operación Orquesta". Benito Martínez, conserxe do Concello de Mazaricos, saíu con liberdade provisional baixo fianza de 5.000€ por suposto "suborno". Pola súa banda, o concelleiro de IxCee Juan Bautista Areas Lestón, imputado por "suborno, prevaricación e tráfico de influencias", saíu igualmente en liberdade provisional cunha fianza de 12.000€. [Última hora - 18:00]: Segundo nos informa o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Corcubión, hoxe non pasou a disposición xudicial ningún imputado no marco da Operación Orquestra. En total xa son 11 os imputados. Está previsto que mañá venres 4 de febrero, pola mañá pasen Benito Martínez Carreira (na foto da dereita), alguacil do concello de Mazaricos, home contra o que onte se ditou orde de detención, e Juan Bautista Areas Lestón, concelleiro de IxCee, detido onte nos propios xulgados. [Ultima hora - 14:00h] - Un novo detido. Xa temos o que podería ser o 3º detido que onte adiantaba o TXSG. O suposto detido podería ser Benito Martínez, alguacil do Concello de Mazaricos e responsable das festa, segundo informa Radio Nordés. O segredo de sumario será levantado nun mes contando a partir do 2 de febreiro. Sorpresa na Operación Orquesta. Dous novos detidos pasarán declaración hoxe xoves 3 de xaneiro tralas novas declaracións. O Concelleiro de obras de IxCee, Juan Bautista Areas Lestón, coñecido como "Candiño", e recentemente sancionado por dar positivo de alcolemia, foi sacado pola porta de atrás e levado detido á Coruña á espera de pasar declaración ao longo do día de hoxe. A súa filla quedaba estupefacta ante o cambio de xogo, xa que o detido estivo todo o día na sala de espera do Xulgado en calidade de amigo do alcalde e acompañado de Xan García e Antonio Cundíns, secretario e tesoureiro de Neria. Ademais o xulgado ordenou a detención doutra persoa, aínda sen identificar. As pesquisas sinalan que pode ser unha persoa do concello de Mazaricos, posiblemente a Secretaria.

Liberdade baixo fianza para os outros 2 imputados

Os dous imputados que faltaban por declarar, Ramón Vigo Sambade alcalde de Cee, e Jorge López "Manolete", empresario, saíron coas seguintes condicións.
  • Ramón Vigo Sambade, alcalde de Cee, que se acolleu ao dereito de non declarar, sae en prisión provisional eludible baixo fianza de 29.000€ que ten que abonar hoxe xoves antes das 15.00 horas. Esta cantidade corresponde ao que a empresa Ogando lle pagou ao concello de Cee polas festas da Xunqueira. Unhas festas nas que se empregaron preto de 150.000€ dos que tan só foron xustificados un 40%. Impútanselle supostos delito contra a facenda pública, falsidade documental e contra administación pública nas modalidades de prevaricación, suborno, tráfico e malversación.
  • Jorge López, empresario, que tamén se acolliu ao dereito de non declarar, saíu en prisión provisional eludible baixo fianza de 6.000 euros que ten que abonar hoxe xovesƒmañaƒ antes das 15.00 horas. Impútanselle supostos delitos contra a facenda pública, falsidade documental, suborno e tráfico de influencias.
  • Outra persoa máis pasou esta tarde a disposición xudicial tras ser detida, e logo de prestar declaración ante o xuíz quedou en liberdade provisional.
  • Juan Bautista Areas Lestón, concelleiro de IxCee, foi detido nos propios xulgados e trasladado a dependencias policiais.
  • E segundo informa o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o xulgado ordenou a detención doutra persoa, aínda sen identificar.

Todo o día no xulgado

Os dous imputados que tiñan que pasar hoxe declaración remataron de facelo arredor das 13:00h, pero as novas declaracións da que pode ser a secretaria de Construcciones Ogando impediron que puidesen saír, segundo conformaba o avogado de Vigo Antonio Platas. Non o fixeron ata ás 20:30h, cando pola porta traseira foi escoltado nun coche policial o concelleiro de obras Juan Bautista Areas Lestón. Uns minutos máis tarde, Ramón Vigo saíu pletórico no medio dunha grande ovación por parte de veciños e familiares, e dixo unhas palabras tranquilizadoras, apuntando que non podía dar máis información pois o asunto mantense en segredo de sumario. Pola súa parte, Jorge López, coñecido como "Manolete" saíu rapidamente sen facer declaración algunha.

Declaracións de Ramón Vigo

Pago das fianzas

Se Vigo e López terán que pasar a facer efectiva a súa fianza antes de hoxe xoves ás 15:00h, os empresarios Ogando acodiron ás dependencias xudiciais a primeira hora da mañá de onte para ingresar os cartos da fianza que lle foi imposta onte.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios