Venres. 19.04.2024
El tiempo

Últimos días para adaptar a TDT sen custe en Cee

Os problemas coa TDT en parroquias como Lires con continuos
Últimos días para adaptar a TDT sen custe en Cee

O Centro de Atención ao Usuario “LLega800”, informa aos ceciños de Cee de que está a piques de rematar o prazo habilitado de 6 meses, dende o acendido de tódalas estacións base de telefonía móbil de 4ª Xeración (4G na banda de 800 MHz), para resolver incidencias na recepción da Televisión Dixital Terrestre (TDT) sen custo para os cidadáns.

Este 31 de decembro rematará definitivamente o prazo para solicitar as actuacións gratuítas, por parte dos usuarios da TDT, polas posibles afectacións ocasionadas polos nodos 4G na banda 800 MHz.

No futuro, no concello de Cee poderían acenderse novas estacións base de telefonía móbil, na banda de 800 MHz, se así o consideran preciso os operadores para mellorar este servizo, nese caso LLEGA800 volvería a informar ó concello e atenderíanse de formar gratuíta as incidencias que ocorran, abríndose un novo prazo de seis meses dende a data de acendido.

Dende o Concello de Cee recomendan a quen teña problemas de recepción da TDT chame ó Centro de Atención ó Usuario “LLEGA800”, ó teléfono gratuíto 900 833 999, ata o 31 de decembro de 2019 a resolución de incidencias será gratuíta.

Novas relacionadas

Comentarios