Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un ano de rap con LeöKCh

Un ano de rap con LeöKCh

Falamos hoxe co rapeiro de Camiños Chans, en Cee, LeöKCh. I é que pecha este 2011 cun gran traballo ás súas costas. Ademais, danos un avance, en verso, do que será outro produtivo 2012.

Deixámosvos con el.

Pois se facemos inventario dende fai un ano xusto, en concreto dende o 24 de novembro, pódese dicir que non están nada mal os froitos recollidos do sembrado con esforzo. Comezando o 24 de novembro do ano pasado, momento no que sae a luz o Videoclip de EDR- AVE MARIA (reflexión) feat LeöKCh, que foi un traballo moi emotivo e cheo de sentimento e vibracións positivas.

A comezos de ano, xa entrando en abril, fixemos un chamamento a nivel Europeo para convidar a modo rap a que todos nos achegásemos a Pontevedra para disfrutar do Campeonato europeo de triatlón 2011. O rap en concreto versionouse en galego e castelán, tendo unha difusión contundente e poderíamos dicir que se converteu no himno do campeonato, tendo diversas actuacións en directo no acto de presentación e o día inagural do campeonato desputado no mes de xuño.

  • Polo que sabemos, non quedaron aí as actuacións a nivel deportivo?

Pois si. O 16 de xullo presentouse o documental, MPH MANN, baseado no piloto Almeriense Antonio Maeso, que participou nesta lendaria carreira de motociclismo, para o cal fixen un rap homenaxe o piloto que formou parte da banda sonora orixinal de dito documental.

  • E tralo verán como afrontaches o fin de curso? Cara onde vai o teu novo rap

Tras un parón para buscar novas temáticas e estilos musicais para fusionar, o primeiro tema de proba, que aínda está sen mezclar e masterizar é o que publiquei recentemente, dándolle un aire máis reggae/ragga. É un tema en fase de proba como comentaba para escoitar a opinión dos que me rodean de cara a centrarme quizáis nun estilo cun rexistro máis amplo.

  • É a semente do novo traballo

É, é o comezo do próximo que teño en mente, que van ser 6 temás, en principio traballados a nivel dómestico, aproveitando os poucos medios dispoñibles nestos momentos, xa que a crise peta en tódalas portas e o tema de axuda musical ou proxectos con algún produtora de nome está ao alcance de moi poucos.

  • Cando poderemos ver algo?

A idea e de poder masterizar e finalizar na maneira do posible os temas en estudio, e intentar darlle unha difusión o máis ampla que se poda. Disto estamos falando entre o que queda de ano e o primeiro trimestre de 2012, tendo en mente o de intentar facer unha serie de actuacións pola Costa e a nivel autonómico tirando dos fios posibles.
A maiores estou traballando nunha nova canción de apoio a Antonio Maeso que no 2012 volve a competir no TT da illa de Man, a parte de estar comezando un pequeno proxecto cun produtor e dj lucense, con resultados por valorar.

Polo de pronto, xa podedes escoitar un avance do novo traballo: Nunca nos abandonamos.

  • Precisamente, e ante e a crise un dos xeitos de sobrevivir é a colaboración, non?

Xa vos digo que a crise peta en todas as portas. E a verdade é que se alguén da zona ou de Galicia está interesado en colaborar musicalmente, aportando coñecementos ou medios para uns mellores resultados, o calquera local que poida estar interesado nalgunha futura atuación a partir de comezos de ano, poden poñerse en contacto no e-mail [email protected]. Eu encantado de colaborar e máis se é na casa.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios