Venres. 29.03.2024
El tiempo

Un ferido nunha colisión por alcance en Cee

Un ferido nunha colisión por alcance en Cee
Catro coches vironnse implicados no accidente que tivo lugar esta tarde en Cee O accidente produciuse na AC 552 á altura do cruce de Toba Unha persoa resultou ferida esta tarde - ainda que parece que non reviste gravidade - tras unha colisión por alcance na que se viron implicados catro vehículos. Segundo informan os servizos de emexencias, o accidentado queixábase dunha forte dor no pescozo. O accidente produciuse sobre as 19:15 horas na AC 552 á altura do cruce de Toba (Cee) - nas inmediacións da gasolineria Bazarra -. O sinistro, que provocou importantes retencións, requeriu a intervención da Policía Local de Cee e doutros dipositivos de emerxencias. Este é o segundo accidente importante que se rexistra en menos de 24 horas nas  estradas da Costa da Morte xa que a pasada noite un coche bateu contra un camión en Vimianzo. Negreira Estado no que quedou o coche dun mozo de Vimianzo tras bater contra un cabalo Estado no que quedou o coche dun mozo de Vimianzo tras bater contra un cabalo Por outra parte, este foi o estado no que quedou o coche dun mozo de Vimianzo tras un choque contra un cabalo cerca de Negreira. O accidente tivo lugar na noite do pasado domingo.  

Accidentes 2016

Fonte

Comentarios