Sábado. 21.09.2019
El tiempo

Un novo accidente de tráfico en Baíñas acaba a vida dun mozo de Cee

Un novo accidente de tráfico en Baíñas acaba a vida dun mozo de Cee

Esta tarde, arredor das 19:00h as estradas da Costa da Morte vivían un novo episodio tráxico. Un mozo de 24 natural de Canosa, en Lires, Cee, falecía nun accidente de tráfico acontencido preto de Baíñas, en Vimianzo, na estrada AC-441 que une Muxía e A Pereira. O mozo falecía mentres era excarcelado polos bombeiros.

A parecer o vehículo voltaba da zona de Santiago cando na recta de Orbellido, a 3 km de Baiñas, bateron de fronte contra outro coche.
No vehículo viaxaban ademais outro mozo de Cee, que está en estado grave, e mais que un de Olveira.

No outro vehículo tamén viaxaba un mozo de 23 anos, que segue no Hospital Virxe da Xunqueira ferido nun cóbado con axitación psicomotriz.

Novas relacionadas

Accidentes na estrada no 2011

Fonte

Comentarios