Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Un paraugas para acoller con naturalidade toda a diversidade das familias de Apem e Aspadex

Un paraugas para acoller con naturalidade toda a diversidade das familias de Apem e Aspadex
Paraguada de APEM e Aspadez en Cee 2018 2018

Fermosa a celebración do Día Internacional das Persoas con Discapacidade que realizaron esta mañá as damilias de APEM e Aspadex. Un ano máis, utilizaron o simbolismo dos paraguas de cores para mostrar que todas as persoas, con ou sen discapacidade, comparten un fin común: construír un mundo cheo de oportunidades, sen discriminaciones nin barreiras.

Unha actividade pararela á que se celebraron noutras vilas do país para o día co lema "todos baixo o mesmo paraguas". Concentracións queren mostrar a unidade de todas as persoas con discapacidad baixo unhas demandas e necesidades comúns.

As persoas con discapacidad de ambas entidades foron as principais protagonistas do acto organizado en Cee, lendo tanto o manifesto como unhas frases coas que deixaron claro as súas necesidades e abrigo como queren que a sociedade os vexa. Ademais, a interacción entre os usuarios dunha e outra entidade son ben divertidas.

Manifesto reivindicativo

O manifesto lido por usuarios/as de ASPADEX e APEM puxo de manifesto a necesidade dunha inclusión real a todos os niveis: desde o sistema educativo ao laboral, pasando polo lecer, a vida en parella, acceso ao transporte… Defendeuse un ano máis a necesidade de seguir loitando por ter os mesmos dereitos que calquera cidadán/a, participando de forma activa na comunidade.
Para conseguir o seu obxectivo recalcaron a importancia de contar co apoio e compromiso de todas as administracións públicas e a unión de todas as forzas políticas, que deben traballar xuntas para garantir un sistema de atención á dependencia real, que responda ás necesidades das persoas con calquera tipo de discapacidade.

Novas relacionadas

“Un único paraugas para APEM e Aspadex polos dereitos das persoas con discapacidade” — Que pasa na costa

Comentarios