Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un pequeno regalo chamado Egueire

Un pequeno regalo chamado Egueire
Así avanza a Maternidade que Egueire está erguendo en Costa de Marfil Así avanza a Maternidade que Egueire está erguendo en Costa de Marfil O párroco Desirée na Cea Solidaria de Egueire O párroco Desirée na Cea Solidaria de Egueire

Gústanos seguir moi de preto as actividades das organizacións costeiras que teñen vinculación con outros mundos. Unha delas é a ONG Egueire, que segue traballando para sacar adiante o soño de abrir unha maternidade en Costa de Marfil. Un soño que cada vez está máis preto, e o pequeno Egueire así o corroborará.

Egueire será o nome do primeiro neno que naza na maternidade que marfileña. Unha maternidade que esperan porde inaugurar oficialmente en agosto de 2017.

Para elo seguen traballando na zona, e dende aquí, colleitando fondos para poder pintar e amoblar o edificio. O máis importante, en todo caso, é conseguir o material sanitario, e nese sentido o equipo dirixido polo párroco Desiré segue buscando entidades que queiran colaborar doando ese material.

Unha das últimas accións solidarias que realizaron tivo lugar a mediados de decembro, con esa II Cea Solidaria, á que asistiron un total de 146 persoas. O propio Desirée, ademais de agradecer a colaboración dos comercios da zona que doaron os regalos que se sortearon ao remate da cea, repasou o estado dos proxectos da entidade, así comoas vindeiras actuacións para este curso.

Cea Solidaria de Egueire no Hotel Insua de Cee Cea Solidaria de Egueire no Hotel Insua de Cee

Ademais proxectaron o vídeo realizado na última viaxe que fixeron parte da directiva e colaboradores o pasado mes de agosto. Un vídeo onde pode comprobarse a situación do país e como evolucionan os proxectos da ONG como a Maternidade:

Agora, só nos queda seguir aportando o noso grao de area para que naza Egueire.

 

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios