Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Un poema de Rocío Leira gaña o certame de poesía da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi

Un poema de Rocío Leira gaña o certame de poesía da Irmandade de Centros Galegos en Euskadi
Rocio Leira resultou ganadora coa sua obra As sempre en punto Rocío Leira resultou gañadora coa súa obra "Ás sempre en punto" Novo éxito para a ceense Rocío Leira pouco despois de que saíese a luz o seu último libro "Obituario" . Nesta ocasión, resultou a gañado do XVI Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" - convocado pola Irmandade de Centros Galegos en Euskadi - co seu poema "Ás sempre en punto". Na obra, Rocío Leira aborda a situación de desesperanza e fastío dos mozos sen traballo e as "súas perspectivas ante o non-futuro que parece agardar por eles", indica a autora. A entrega do galardón tivo lugar a pasada fin de semana en Bilbao dentro dos actos do Día de Galicia en Euskadi. A Irmandade de Centros Galegos en Euskadi convoca o XVI Certame de Poesía "Anduriña Voandeira" para obras escritas en lingua galega. O premio foi de 600 € para a obra gañadora e 150 € para a segunda clasificada.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios