Venres. 19.04.2024
El tiempo

Un sábado emotivo e nutricional con Fernando Blanco

Un sábado emotivo e nutricional con Fernando Blanco
Ofrenda floral a Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintans Alumnas do IES conducindo a procesión da Ofrenda floral a Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintáns

Semanas de vertixe cultural a da Fundación Fernando Blanco. O completísimo programa O Mes da Fundación tivo o seu contrapunto na entrega das becas aos mellores expedientes do IES homónimo, facendo un novo guiño á historia do mecenas.

Un sinal máis, como a ofrenda e a misa na honra de Fernando Blanco e do profesorado, alumnado e persoal do Instituto, celebrada na capela do mesmo, o pasado sábado. Unha cita sempre emotiva que serve para lembrarlles aos alumnos que xa forman parte da historia da vila da Xunqueira.

Tomaron a palabra Chelo T. Lago (Directora do IES Fernando Blanco e integrante do Padroado da Fundación), Ana Blanco Lago, Elisa Lema Gómez e Carmen Ramón Fernández (alumnas que recibiron 3 dos Premios Académicos do pasdo curso e que portaron a ofrenda floral), Iván Pérez e o párroco Ramón Insua, Madrigalia G M Música (sen palabras ante esa voz de Gemma Román e o acompañamento ao piano) e foi Fran Cives (o "noso gaiteiro") o encargado de poñer ese Hinmo do Antigo Reino de Galicia que a todos emocionou.

A directora Chelo e as alumnas do IES Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintans A directora Chelo e as alumnas do IES Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintans Ofrenda floral a Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintans 2 Ofrenda floral a Fernando Blanco-Foto-Rafa Quintans

A sesión completouse coa conferencia de Carlos Spuch, Doutor en Bioloxía e Investigador do Grupo de Neuroloxía do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia-Sur, que falou sobre como unha boa alimentación inflúe de maneira moi positiva no desenvolvemento cerebral e na prevención de certas doenzas coma o alzheimer, o Parkinson, a esquizofrenia, etc.

Unha charla que despertou un grandísimo interés e na que o público participou formulando moitísimas preguntas que Carlos respondeu ata case as 23 horas.

Conferencia de Carlos Spuch en Cee Conferencia de Carlos Spuch en Cee

Novas relacionadas

Máis novas

Gañadores dos Premios Fernando Blanco

Fonte

Comentarios