Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Unha alumna do IES Fernando Blanco de Cee gaña o premio especial de Mellor Actriz Escolar

Unha alumna do IES Fernando Blanco de Cee gaña o premio especial de Mellor Actriz Escolar
ies-fernando-blanco-cee O grupo de teatro Tuéjele do IES Fernando Blanco estivo na entrega dos premios Buero de Teatro Joven da Fundación Coca-Cola O IES Fernando Blanco vén de gañar o seu segundo premio no eido das artes escénicas. O primeiro deles procede do festival de audiovisuais Olloboi. E o segundo veu por unha das súas obras de teatro. Precisamente este martes, tivo lugar no Ágora de A Coruña a cerimonia de entrega dos premios Buero de Teatro Joven da Fundación Coca-Cola onde se deron a coñecer os Premios Especiais do Xurado. Un destes, o premio especial de Mellor Actriz Escolar, foi para Elisa Lema Gómez, membro do teatro Tuéjele do IES Fernando Blanco. ies-cee Elisa Lema recibiu o premio especial de Mellor Actriz Escolar Este premio foille concedido pola súa interpretación de Marilín na obra Máldito Saxo, adaptación da obra de Roberto Vidal Bolaño Saxo tenor. Na cerimonia estivo acompañada por todos os membros de Tuéjele e polos seus profesores Marina Gómez Pose e Fernando Castro Paredes. Parabéns Elisa! Novas relacionadas Fonte

Comentarios