Domingo. 18.08.2019
El tiempo

Unha ferida en Gures tras caer o coche no que viaxaba por un terraplén

Unha ferida en Gures tras caer o coche no que viaxaba por un terraplén
Imaxe do accidente en Gures, Cee Imaxe do accidente en Gures, Cee-Foto-Gerardo Piñeiro Unha muller con mobilidade reducida resultou ferida esta mañá despois de que o coche no que viaxaba de copiloto sufrira un accidente. O sinistro produciuse na AC-500 que comunica Carnota con Cee á altura do lugar de Gures, na Ameixenda, sobre as nove da mañá. Un particular alertou sobre o accidente os Bombeiros de Cee que acudiron co equipo de excarceración. Finalmente, os efectivos do parque comarcal explicaron que, aínda que non foi preciso empregar o material de excarceración, si tiveron que sacar á señora do interior do turismo ao quedar –encaixado- entre un muro e unha parede. A Garda Civil de Tráfico e os membros de Protección Civil de Cee tamén foron alertados polo 112 Galicia que tivo constancia do accidente, sobre as 09:00 horas de hoxe. As persoas que ocupaban o Citroën Xsara eran nai e fillo. Ao parecer, por razóns que se descoñecen, o conductor perdeu o control do coche polo que levou por diante dous quitamedos e acabou caendo por un terraplén.

Fonte

    • 112.
 

Comentarios