Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha frega natulóxica-cultural

Unha frega natulóxica-cultural
Accion Natuloxica de Xabron Natuloxico en Cee

Xa coñecemos á familia do xabrón Natulóxico. Unha familia activa que está preparando unha programación dos actos de “Acción Natulóxica” que terán lugar o 18, 19 e 26 de agosto no Centro Comercial Finisterrae, na Zapatería Nós.

Son moitos os artistas que queren compartir ese compromiso ca nosa cultura, ecoloxía e sociedade co que nace esta marca. Así, co afán de reciclar o entorno a base de cultura, a arte, música, poesía, contacontos, Yoga… serán os que nos dean desta volta unha boa frega cultural.

O venres 18 de agosto arrinca o programa coa instalación dunha obra viva, “Un anaco de nós”, a partir das 11:30h. Pouco despois, Xaime Trillo traerá os seus poemas “irados”. Martín Cristobal será o contacontos da xornada. Pola tarde, a poesía corre a cargo do noso columnista Alex López, e as cantareiras de Buxantes pecharán o día coas súas cantigas para unha noite de verán.

O sábado 19 comeza ás 12:00h con pintura en directo da man de Xoanxo Cespón, Luís Ares e David. Mentres, Felipe Domínguez fará unhas masaxes e María algo de Chi Kung. Pola tarde, Martín Cristobal volverá cos seus contacontos, estes para adultos, e Alex López e Elías Outes compaxinarán poesía e pezas musicais.

O programa continúa o sábado 26 de agosto, cos “Inversos”, un espectáculo poétivo musical que non se pode perder, ademais da arte do mariñeiro poeta, Xosé Iglesias.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios