Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Unha tormena eléctrica desfai a sacristía da Pereiriña

Unha tormena eléctrica desfai a sacristía da Pereiriña

Non foi o Petra, que apenas se notou pola Costa da Morte. Foi o pasado mediodía do sábado cando unha tormenta eléctrica fixo mella na nosa bisbarra. E deixou a súa pegada na Pereiriña. Así nolo conta Laura Canosa Louzán, que nos conta os raios romperon o cable do pararraios da igrexa, co que a corriente entrou e queimou parte dos cables da luz e das tapas dos enchufes da sacristía.

Non parou aí o raio que continuou a súa ruta polo chan ata o cemiterio, onde parou na 1ª farola (unha antiga que había) levantando mesmo a baldosa de pedra e rompéndoa totalmente ciscando os cachos dela por todo o corredor do cemiterio.

Segundo nos conta, a tormenta de raios e granizo caeu sobre as 14:00h e mesmo acabou conn bombillas de casas e ata tapas da luz ou do tlf. "Había ben tempo que os tronos non estouraban de tal maneira no ceo", coméntanos Laura.

Novas relacionadas

Fonte

  • Información e fotos de Laura Canosa Louzán.

Comentarios