Domingo. 22.09.2019
El tiempo

Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo

Unha viaxe musical polo reino fungui con Pan de Raposo
Xornadas Micoloxicas da Costa da Morte 2012-Foto- Cesar Perez

Coma sempre, as XII Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte foron o mellor escaparate para demostrar o potencial na materia da Costa da Morte. Tanto en protudos como en personalidades, pois o feito de ter a posibilidade de coñecer 218 especies de cogumelos, "representadas e identificadas coa etiqueta" (puido haber máis pero a escola quedaba pequena) e ademais que cho conten auténticos especialistas a nivel internacional, non ten prezo.

A Escola de Música cambiou un ano máis o reino instrumental polo fungi, e ducias e persoas puideron viaxar polo medio do monte sen saír dela. 200 variedades, nada menos, colleitaron o equipo da organizadora Asociación Micolóxico Naturista Pan de Raposo. Aí estiveron durante o pasado xoves (por zonas fóra da Costa da Morte) e o venres (polos montes da nosa bisbarra) de colleita o grupo de intendencia, formado Chemi Traba, José María Costa Lago, Roberto Montes, Manolo Pose e José Manuel Castro Marcote, acompañados de Concha López, Andrés Rodríguez e César Pérez, que tamén fan un traballo absolutamente necesario para o correcto desenvolvemento das xornadas.

Visita guiada pola exposición das Xornadas Micolóxicas da Costa da Morte con Manuel Pose Carracedo

Foron 3 días nas que os visitantes puideron disfrutar da exposición, con explicacións de primeira man. I é que como nos conta o propio Marcote, colaborador micolóxico desta casa, "a xente quere ir ao monte, pero por aí podes atopar como moito 30 especies, e aquí facemos un repaso polas 200 que conseguimos". O propio Marcote e Manuel Pose Carracedo foron os encangados de facer estas visitas guiadas pola exposición, que tiveron unha afluencia de máis de medio centenar de persoas, atentas a cada detalle e anécdota que contaban.

Os especialistas de Pan de Raposo colleitando cogumelos-Foto-Pan de Raposo

Houbo tempo para as charlas máis específicas. Como a que impartiu José María Costa Lago sobre as “Discomycetes”, tipo de cogumelos algo estrano, que teñen forma de disco. Como cada ano Francisco Lema Fuentes, Chisco, trouxo os seus vídeos naturais, e moi fermosa foi a charla, de Chemi Traba, “O mundo máxico dos Fungos”, especialmente pensada para os pequenos, con xogos con flores, olores e cores. Os nenos pasárono en grande.

Xornadas Micolóxicas Costa da Morte 2012-Traballos nenos

Non faltou, por suposto, a degustación. O Larry e mais o Galeón de Ana estiveron toda a fin de semana poñendo pinchos de balde. Ambos establecimentos desenvolveron unha labor moi boa, facendo numerosas recetas e na maioría dos casos moi acertadas.

Esta semana falaremos co mestre Marcote para analizar as Xornadas e coñecer un pouco mellor os seus obxectivos.

A exposición con200 especies de cogumelos das Xor nadas Micoloxicas da Costa da Morte 2012- Foto- César Pérez 1

Nocións micolóxicas con José Manuel Castro Marcote

Novas relacionadas

Novas micolóxicas

Outras novas

Fonte

Comentarios