Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Unha visión distinta ás liñas das estradas

Unha visión distinta ás liñas das estradas
Amboade Louzan e Guisande presentando en Cee En tu linea

Acolleu a Librería Ler de Cee o pasado sábado a presentación dun libro especial. Un libro que mira as estradas doutro xeito, que lles saca a súa cara máis fermosa.

O escritor e xornalista Manuel Guisande e o trasno-fotógrafo ceense Antonio Amboade presentaban “En tu línea”, publicado pola editorial Cumio, e acompañados do noso amigo José Luís Louzán. Unha vintena de lectores asistiron á presentación.

Comezou falando Louzán da orixinalidade dun libro, i é que acompañar a fotos de estradas con poemas non é o máis habitual. O tema son as “líneas de carretera”. Componse de tríos de dúas fotos e un poema en clave de humor (pero en ocasións cunha segunda lectura) que amosa a particular interpretación que Manuel Guisande fai desas imaxes.
En total hai 22 poemas que acompañan a 44 fotos e ao final hai dúas imaxes máis, unha para rematar o libro e a última para propoñer un xogo ó lector: que pase él a interpretar qué ve nesa imaxen e nolo comunique.

O fotógrago local falou sobre o "making of" das fotos e por último Manuel Guisande sobre a forma de xestar o libro. Todo nun ambiente distendido e cheo de humor, igual que o libro.

Podedes ver algún dos poemas e das fotos, así como toda a información do proxecto na web entulinea.markyvento.com que serve para presentar o que vai a ser a exposición que se vai a facer con parte das imaxes e os poemas do libro.

Un dos exemplos do libro En tu linea

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios