mércores. 12.02.2025
El tiempo

Víctor Somoza volverá presentarse en Cee por Unión Cidadá Galega

Víctor Somoza volverá presentarse en Cee por Unión Cidadá Galega
Victor Somoza volverá presentarse en Cee por Unión Cidadá Galega Victor Somoza volverá presentarse en Cee por Unión Cidadá Galega Vaise esclarecendo o panorama electoral da vila da Xunqueira, un dos que amosarán as vindeiras municipais de maio 2019 un abano máis variado. Ademais dos Adrián Leira, Antonio Domínguez, Plácido Castro xunto con Álvaro do Montañés (semella que repetirán Ramón Vigo, Serxio Domínguez e Margot Lamela), esta pasada noite Unión Cidadá Galega U.C.GA. decidía en Asemblea volver concorrer nos comicios apostando de novo por Víctor Somoza. Somoza, un dos que non parou de lanzar iniciativas ao longo da lexislatura, ten ao concello tremendo por unha denuncia ao pleno por posible malversación de fondos sobre o tema da piscina. Pero ademais, Somoza trae un programa semellante ao de 2015, coa intención de crear 300 postos de traballo, a implantación dun xeriátrico e un centro de día como puntos importantes. UCGA intentará lograr que a Xunta saque a concurso os polígonos de bateas que lle gustaría instalar na ría, e mellorar o tecido empresarial.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-piscina-de-cee-pendente-dunha-nova-denuncia-de-uc-por-presunta-prevaricacion-e-malversacion/ https://quepasanacosta.gal/as-5-utiles-propostas-que-union-cidada-esixe-das-administracions/ https://quepasanacosta.gal/adrian-leira-presentase-como-candidato-a-alcaldia-de-cee-polo-partido-libertario/ https://quepasanacosta.gal/varias-novidades-entre-os-candidatos-do-pp-as-alcaldias-dos-concellos-do-px-de-corcubion/ https://quepasanacosta.gal/ciudadanos-cee-ficha-a-alvaro-do-montanes/

Comentarios