Venres. 29.03.2024
El tiempo

Vivindo a ocupación en primeira persoa

Vivindo a ocupación en primeira persoa

Unha vintena de veciños ceenses achegáronse ata o Salón de Plenos do Concello para coñecer, en primeira persoa, a situación do conflito en Palestina. Coa charla "Palestina 2011: vivindo a ocupación", o colectivo COSAL Costa da Morte segue espallando pola bisbarra a súa experiencia vivida o pasado verán, cando unha expedición de 5 persoas percorreron o territorio. I é que precisamente o sentido da viaxe era precisamente ese, "ver, coñecer e contar" ante o silencio informativo internacional para co conflito.
Unha charla que xa ten pasado polos concellos de Corcubión e Carnota no mes de outubro, e por Vimianzo e Muxía no mes de marzo, e que chega coa resaca da Gala Solidaria Leo Bassi e Pallasos en Rebeldía na Costa.

A de onte era unha sesión especial pois coincidía co Día da Nakba, que conmemora a data do 1948, cando máis de 700.000 árabes palestin@s foron expulsad@s ou tiveron que fuxir, trala declaración do Estado de Israel por Ben Gurión o día anterior.

Performance da MOSAD

Javi Mosquera, Mario Rodríguez e Ovidio Castro botaron unha man e fixeron de 3 soldados da MOSAD, o exercito de seguridade israelí. A performance pretende resaltar a ocupación do tempo, non só do territorio, do estado israelí sobre a vida de cada palestino.
A entrada representaba un checkpoint, que pode estar perfectamente situado entre unha cidade en territorio palestino, e outra cidade en territorio palestino, tamén, non só entre cidades de diferentes terras.


Película Urxente por Palestina

Aquí vos deixamos coa documental de 14 minutos que realizou un membro da expedición, o mestre e director Alberte Pagán:

Máis actividades do COSAL

Ao tempo, COSAL aproveita para comentar que hai un par de charlas máis que porán fin a este curso. Aínda sen data confirmada, COSAL xa pensa en:

  • "Banca ética". Hai alternativa?" Unha persoa de Panxea e/ou Fiare virán contar que é, en que consiste, que significa... Será nos últimos días de maio.
  • Presentación do libro "As que rubimos montañas", editado por Implicadas no desenvolvemento: poesía de mulleres galegas e etíopes, acompañarannos algunha das autoras galegas: María Reimóndez, María Lado, ... Será en xuño.

Novas relacionadas

Máis novas do COSAL

Fonte

Comentarios