Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Volven os sábados culturais a Cee

Volven os sábados culturais a Cee

Onte foi presentada a programación cultural para os vindeiros meses no Concello de Cee. Os eixos principais de actuación van encamiñados a oferta teatral, coa volta do programa Sábados Culturais, así como a celebración de eventos tradicionais como son o Entroido e Letras Galegas. A oferta complétase cunha nova edición dos concursos de Achegamento ao libro da Biblioteca Pública D. Francisco Mayán e do certame de Pintura.

Neste mes de febreiro, as primeiras actividades serán a actuación do mago Romarís, o sábado 11 de febreiro e o Entroido, que terá lugar o luns 20 de febreiro, no que se celebrará o concurso de comparsas, con 2.860 € en premios, e que coñeceremos máis de preto a vindeira semana.

Novas relacionadas

Máis información

Fonte e máis información

Comentarios