Venres. 29.03.2024
El tiempo

“Xa temos un centro cardioprotexido”

“Xa temos un centro cardioprotexido”
Así de orgulloso se amosa Juan M. Trillo, Técnico de Emerxencias, tralas completas xornadas de formación en RCP (reanimación cardiopulmonar) no CEIP Eugenio López de Cee. Xunto a el acodiron os compañeiros Juan Antonio Villar, Patricia Pérez, ademais dos policías locais Eva Senlle e Manel García, o ”heroe de azul”, nunhas xornadas organizadas pola ANPA Uxío, en colaboración co 061 urxencias sanitarias e ASGATE (Asociación Galega de Técnicos en Emerxencias). O comprometido técnico do 061 ten claro que de nada vale ter un desfibrilador no centro se non se sabe utilizar, e por iso acodiu acompañado doutros profesionais para formar a nenos e profesores no uso do aparato salvavidas. “É un luxo compartir estas experiencias cos rapaces, que son superagradecidos, e ademais lles explicamos a nosa profesión, para que vexan que non somos simples condutores de ambulancia”, explica. ”Non somos conscientes da importancia de ter un desfibrilador no cole e saber utilizalo”, asegura Monste Canosa da Anpa Uxío, a entidade que está promovendo todo este movemento para ter o centro cardioprotexido de verdade. I é que parecen cousas que nunca pasan, pero pasan moito máis do parece. Como aconteceu non hai moito na propia vila da Xunqueira, cando lle deu un infarto a un profesor do Colexio Manuela Rial. Acodiron ao lugar Eva, a Policía Municipal, e Juan, o Bombeiro. Foi a propia Eva en primeira persoa a que contou a historia de como lle salvaron a vida facendo reanimación. “Ver a cara dos cativos coas as orellas baixas aos pequenos era incrible”, describe Monste. ”Foron unhas xornadas moi interesantes, os profesionais fano estupendamente e o nivel de absorción dos cativos con estas historias é total. Os cativos todos queren participar, preguntando todo, demostrando unha implicación que ao final, son eles os que nos dan exemplo aos maiores”, recoñece Monste. Aquí vai outro dos vídeos realizados por Gustavo Zuín, profesional ca cámara e presi da ANPA. [fbvideo link="https://www.facebook.com/100009804813938/videos/795745844095569/?t=16" width="700" height="400" onlyvideo="1"]

Formando e formando

Xornada de formacions de primeiros auxilios Xornada de formacion de primeiros auxilios para pais e nais A triple xornada coa rapazada do centro (unha con infantil e dúas con primaria) completouse coa sesión de formación en RCP para pais e nais, da man de José Manuel Vega, e Manel García Leal e Juan M. Trillo. E o centro xa prepara unha nova e máis grande sesión formativa, da man da Federación de ANPAS da Costa da Morte-Provincia da Coruña. Coa data por determinar, Cee acollerá unha xornada completa de Primeiros Auxilios, para máis dun cento de pais e nais de toda a provincia. Ademais, paralelamente, os Técnicos de Emerxencias seguen ofrecendo charlas polos centros de ensino da comarca. Pais e nais da ANPA que participaron na xornada de formación en RCP  

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-anpa-uxio-estreou-o-desfibrilador-salvavidas/ https://quepasanacosta.gal/os-peques-do-eugenio-lopez-aprenden-a-salvar-vidas/

Máis novas

https://quepasanacosta.gal/solpor-solicita-o-reconecemento-do-camino-a-fisterra-e-muxia-como-zona-cardio-protexida/

Comentarios