Venres. 19.04.2024
El tiempo

Xosé María Lema regresa ao IES Fernado Blanco co seu libro "Costa do Solpor"

Xosé María Lema regresa ao IES Fernado Blanco co seu libro "Costa do Solpor"
costa-solpor-lema Xosé María Lema presentoulle o seu libro "Costa do Solpor" ao alumnado do IES Fernando Blanco de Cee Onte foi un día grande para Xosé Mª Lema xa que, con motivo das I xornadas do Libro Infantil e Xuvenil, presentoulle o seu libro "Costa do Solpor" ao alumnado do IES Fernando Blanco, onde impartíu as súas primeiras clases aló polo ano 1976. A casa da Cultura de Cee acolliu tamén onte o espectáulo de Duende Sico, cunha dobre sesión para os rapaces de 1º, 2º e 3º de primaria, primeiro do Eugenio López e, máis tarde, do Manuela Rial. Programa As I xornadas xornadas do libro infantil e xuvenil de Cee rematan hoxe cun encontro que manterá María Canosa cos alumnado de primaria dos colexios Eugenio López e Manuel Rial Mouzo. Canosa presentaralle o seu libro “A cazadora de estrelas” nun acto que comeza ás 12.30 horas no auditorio Baldomero Cores da Casa da Cultura de Cee. Novas relacionadas Fonte

Comentarios