Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Yaiza Canosa: "Unha muller nova dentro dun posto directivo segue xerando sorpresa"

Yaiza Canosa: "Unha muller nova dentro dun posto directivo segue xerando sorpresa"

Yaiza Canosa é a fundadora de GOi, unha plataforma de transporte rápido e barato A muller traballadora, nova e emprendedora segue sendo pouco habitual na sociedade actual. E se non que llo pregunten a Yaiza Canosa Ferrío; unha ceense que dende fai ano e medio conseguiu expandir con éxito a súa start up GOi e que a súa experiencia laboral lle demostra que "segue sendo unha sorpresa" que unha muller ocupe un posto directivo. "O paso e a evolución debe ser cara a normalización.

É unha situación que ten que naturalizarse", di Yaiza. Iso será o que se defenda en moitos dos actos que terán lugar hoxe na Costa da Morte con motivo do día internacional da muller. Viviu en Cee dende os 9 ata os 17 anos, momento no que se trasladou a Madrid e onde se dou conta de que a morriña tamén ten connotacións gastronómicas. Iso de que os ovos, as patacas e os tomates da casa chegaran á capital dun xeito seguro e barato era unha utopía polo que viu mercado. Así naceu GOi; unha plataforma de envíos baratos e urxentes. Yaiza Canosa transmite frescura, vitalidade e bo facer. Ao igual que a súa empresa que en ano e medio conseguiu facer máis de 6.000 envíos entre os 30.000 usuarios rexistrados na plataforma.

Yaiza non é novata no mundo empresarial, polo que xa coñecía de sobra as trabas coas que se iba atopar nun mundo no que "nunha mesa de directivos o 97% son homes e o 3%, con sorte, mulleres". 

Actualmente a empresa que dirixe ten a súa sede en Madrid e nela traballan doce persoas. As súas expectativas pasan por abrir outro centro tecnolóxico na Coruña antes de que acabe o ano xa que, segundo indica Yaiza, "hai moito talento tecnolóxico e está moi desaproveitado". Así que entre os seus plans está regresar ás súas orixes. O funcionamento de GOi é moi sinxelo. O único que hai que facer é rexistrase na web, decir de onde a onde queres enviar un paquete, un moble ou outro artigo e cando. GOi dá un prezo polo envío, que garantiza que é o máis baixo do mercado, e a partir de aí xa o usuario xa o pode contratar a través do pago.

"A empresa medrou dun xeito rápido e moito máis do que esperabamos", asegura Yaiza Canosa. "Cando comezas sempre hai medos e dúbidas de se a solución que ofreces é a que precisa o teu cliente. No noso caso, nada máis abrir validamos a idea e vimos que a solución que estabamos aportando era de valor e ademais había moita xente que o necesitaba" indica a ceense.

Síntese orgullosa de formar dun sector, como é o das start up, no que está máis naturalizado o posto da muller e recoñece que nas empresas tradicionais ainda é un soño que as mulleres ocupen postos de consello ou postos directivo. "É un camiño que hai que facer e alguén teno que facer", indica Yaiza Canosa.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios