Xoves. 24.09.2020
El tiempo

22 rapaces sofren en Corcubión as consecuencias dos rumores arredor do coronavirus

22 rapaces sofren en Corcubión as consecuencias dos rumores arredor do coronavirus

Despois dun descanso de pouco máis dun mes, o coronavirus volve á primeira liña. Os pequenos rebrotes en Baíñas, en Muros, ou os casos illados de Fisterra ou Carnota, fan saltar de novo ás alarmas, e as fobias, de [email protected] veciñ@s.

Acontece esta semana en Corcubión, onde un falso brote puxo na picota un grupo de 22 rapaces. É certo que esta pandilla, como outros grupos de [email protected] [email protected], levaba boa parte do verán tendo relativa consideración coas medidas de seguridade, pero o xuízo ao que están sendo sometidos, segundo ás familias, é excesivo.

Todo parte da semana pasada, cando un rapaz de Santiago que pasa as vacacións Corcubión deu positivo por Coronavirus. O mozo aportou ao servizo de rastreadores (que o SERGAS ten externalizado) os teléfonos dos [email protected] cos que estivera na vila de San Marcos.

A partir de aí se foron poñendo en contacto cos 22 [email protected], a maioría de Corcubión, pero outros tamén da Coruña, Valencia, Madrid… Os rastreadores foron chamando aos menores (non se puxeron en contacto cas familias a pesar de ter 17 anos) sobre o procedemento, indicándolles que tiñan que gardar corentena ata saber o resultado das probas. Foron sendo convocados a facer as probas no Centro de Saúde de Corcubión, mentres as familias seguían sentíndose orfas de información.

Do Centro de Saúde de Corcubión ao PAC de Cee (viña a fin de semana e o Centro de Saúde estaba pechado); do PAC ao Sergas… as familias chamaban a todas partes intentando recadar a información sobre o resultado, moitas delas coa preocupación de ter maiores na casa convivindo con eses posible positivos.

Ademais, paralelamente o xuízo social na vila xa estaba feito. Os rumores corrían por toda a vila e a sociedade corcubionesa xa sentenciara a todos os mozos como positivos. Mozos, na súa meirande parte, que deixaran aparcada a súa rebeldía e xa non protestaban por non poder saír da casa.

As familias ían conseguindo, despois de moitas chamadas, os resultados. Todos negativos. A receita que lle deron é de vida normal, mantendo sempre as 3 medidas de seguridade: mascarilla, lavado de mans e distancia de seguridade, aínda que o protocolo debería obrigados a manter 14 días de corentena dende o último contacto co positivo.

Ás denuncian a diversidade de informacións que lles está ofrecendo as entidades sanitarias arredor dos protocolos.

En todo caso, esperamos que todo isto sirva para que a mocidade se decate de que esta pandemia pode afectarnos a todos e cumpla mellor as medidas.

Artigos relacionados

Novas sobre o coronavirus

comentarios