Venres. 29.03.2024
El tiempo

A administración de la Tesourería da Seguridade Social de Corcubión desaparece

A administración de la Tesourería da Seguridade Social de Corcubión desaparece
Oficina da Tesoureria da Seguridade Social de Corcubion Imaxe a Oficina da Tesoureria da Seguridade Social de Corcubión Seguindo o camiño de centralización que intentaron cos Partidos Xudiciais (impedido, outra vez, pola presión social) ou coa oficina de Facenda en Cee, o Goberno estatal do Partido Popular vén de aprobar a desaparición da administración da Oficina da Tesourería da Seguridade Social. Unha oficina que deixa de exercer e en breve pasará a ser unha simple axencia dependente dalgunha outra administración. Deste xeito, dos 6 traballadores que aínda sen manteñen (xa levan un tempo sen repoñer baixas, traslados, vacantes… dos 11 que había hai uns anos), desaparecen os postos de director de administración e a Xefatura de Afiliación e a oficina está avocada a que nun futuro vaia desaparecendo taimada e paulatinamente, pois non parece que se vaian repoñendo xubilacións, etc... Polo de pronto mantéñense operativas a oficina do Instituto Nacional de Seguridade Social (INSS) e a  Unidade de Recadación Executiva (a URE leva importante asuntos de recadación en vía de apremio),  pero que tamén corren perigo de ir esmorecendo, dada a política de desmantelamento da administración social do goberno. O que parece que non sofre, polo de agora, moficacións, é o Centro de Atención de Información da Seguridade Social (o CAISS, o das pensións), que comparte o edificio. Un peche (a oficina conseguiuse aló por mediados do principio do ano 99) que ademais de afectar ao emprego costeiro, e que representa a falta de compromiso dos gobernos coa fixació nde poboación no rural, afectará enormemente ás asesorías e xestorías (máis que aos veciños) da zona que terán que desprazarse para facer trámites importantes.

Novas relacionadas

 

Fonte

Comentarios