Martes. 23.04.2024
El tiempo

A filosofía profana de coñecemento a Capela do Pilar de Corcubión

A filosofía profana de coñecemento a Capela do Pilar de Corcubión

Volve o verán, e a mocidade inqueda da vila de San Marcos artella un novo programa de Filosofía para veraneantes. Por terceiro ano, os rapaces da Universidade Cromática das Virtudes, asesorados por unha peza clave da cultura galega contemporánea como Miguel Vázquez Freire, invitan a compartir e pensar a todo o mundo a cinco interesantísimas sesións que se desenvolverán a semana do luns 30 de xullo ao venres 3 de agosto.

Persoas tan interesantes como a a xornalista de RTVG, correspondente en Bruxelas, Sabela Romar Pais; a doutora en coñecemento, e unha das #FirmasQPC, María Bella, ou activista cultural e ecoloxista Manuel Amigo, pasarán pola Capela con reflexións que nos farán reflexionar e pensar en común, un deses bens escasos que esta sociedade está empezando a esquecer.

Poden ollar o calendario completo en ucdv.wordpress.com.

Cartel de Filosofia para veraneantes en Corcubion

Comentarios