Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A importancia do Bosque Auténtico, nun novo vídeo de Signatus Films

A importancia do Bosque Auténtico, nun novo vídeo de Signatus Films

Falabamos longo e tendido con el a semana pasada, co gallo da declaración de Corcubión como “Concello libre de eucaliptos”. Unha declaración que nacía da Asociación Boca de Sapo, entidade que comeza a súa andaina socio-cultural focalizando a súa atención da invasión do “colitro”.

E como xa coñecemos o impacto que teñen os seus vídeos naturais, tomamos nota do novo audiovisual que vén de publicar Francisco Santiago López no seu canle de youtube Signatus Films.

Un vídeo sobre o “Bosque Auténtico”, do bosque Atlántico (carballeiras e faiales) con ese que preserva a auga e a diversidade de fauna e flora, en contra das consecuencias do exceso de monocultivo de eucaliptos.

Francisco pon o exemplo da explotada Devesa dos Anllares, comida polos eucaliptos e as centrais hidroeléctricas.

 

Novas relacionadas

 

Vídeos naturais de Francisco Santiago López

Fonte

Comentarios