Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A lotería nacional deixa un primerio premio en Corcubión

A lotería nacional deixa un primerio premio en Corcubión
bar bujeiro corcubion No bar Bujeiro de Corcubión venderonse décimos agraciados co primerio premio do sorteo da lotería nacional Despois do belisco que deixou a lotería de Nadal na Costa da Morte, a fortuna volve a visitar a bisbarra. Así, o sorteo da lotería nacional celebrado hoxe xoves volve á bisbarra, nesta ocasión a Corcubión onde tocou o primeiro premio aos décimos vendidos co número 24667. O número premiado vendeuse no bar Bujeiro, situado na rúa Pepe Miñones de Corcubión. Nesta ocasión, o premio deixa 300.000€ á serie, polo que cada décimo ten un premio de 30.000€; aos que lle hai que descontar a parte que se leva Facenda. En Vigo, Almería, Xaén, Álava, Palma de Mallorca, Cidade Real, Huelva, Madrid e Sevilla tamén se venderon décimos do número gañador. Novas relacionadas Fonte

Comentarios