A medallista olímpica Sofía Toro chega a Corcubión e Muxía
Chega estes días a proposta Espello Deportivo á Costa da Morte. Un proxecto ben fermoso para que a mocidade da zona se mire nun espello dos bos, neses exemplos que temos nos nosos deportivas que volveron de Londres cunha medalla; neses deportistas que loitan polos seus soños.
Este xoves 18, a regatista olímpica Sofía Toro estivo o Colexio Público Praia de Quenxe de Corcubión ás 15:00 horas, mentres que Chano Rodríguez manterá un coloquio co público presente na Casa do Concello de Santa Comba ás 19:00 horas.
Pero é que o venres 19 Sofía Toro continúa a súa ruta ás 11:00 horas no salón de actos do Voluntariado de Muxía, nun encontro cos rapaces do IES Ramón Caamaño. Por último, o sábado, ás 12:00 horas, Sofía Toro e mais Juan Antonio Saavedra pecharán a semana de encontros no salón de actos da Casa do Concello de Cee. As actividades estás tamén abertas ao público en xeral que estea interesado na mesma.
Mostra do Deporte Feminino en Muxía
Ao remate do encontro con Sofía Toro e Rubén Riós en Muxía, os asistentes poderán acudir á inauguración da mostra de fotografías "Pero, existe o deporte feminino ?”que terá lugar no mesmo edificio no que se desenvolverá a charla ( pero na planta baixa- Centro Social). As promotoras foron varias mulleres relacionadas co deporte como Merce Barrientos (presidenta da Federación Galega de Taekwondo),Lis Franco (xogadora da selección española de futbol e xornalista deportiva), Teresa Cano (árbitro internacional de Hockey a patíns), Iria Gonzalez-Dopeso (deportista paralímpica e investigadora a UDS), Rosa Mosquera (adestradora de baloncesto e profesora no Compañía de María), Pilar Neira (xogadora de fútbol e de balonmán e seleccionadora nacional de futbol).
A inauguración da mostra correrá a cargo do Alcalde Félix Porto. Esta mostra está cedida pola asociación MUDEGÁ que é unha asociación sen ánimo de lucro que ten como fin promover a presenza das mulleres no ámbito do deporte, incentivar a súa participación, velar pola igualdade de oportunidades entre homes e mulleres e loitar contra todas as formas de discriminación ás mulleres no ámbito deportivo.
Entre as iniciativas que desenvolven está a celebración anual da Gala do Deporte Feminino que este ano se fixo en Ames e as exposicións de fotografías de deporte feminino cedidas por deportistas, clubs, federacións etc.
Entre as fotografiadas están todas as olímpicas galegas en Londres 2012 que foron as que levaron o peso dos éxitos do deporte olímpico español.
Novas relacionadas
- “Estes medallistas galegos son o espello onde se pode fixar a xuventude”.
- Martín Varela abre a tempada gañando o VII Open de Marbella e xa pensa na Copa do Mundo.
Fonte
- Concello de Muxía.-